A xenialidade asóciase tipicamente a logros sen precedente, creativos, orixinais e universais. Non existe unha definición científica precisa de xenio, e a cuestión sobre se a noción en si mesma ten algún significado foi longamente debatida. O termo é utilizado en varios sentidos: para referirse a un aspecto particular dun individuo, ou ó individuo completamente; a un coñecedor de moitas disciplinas ou un coñecedor dunha área en particular (por exemplo Albert Einstein). A distinción entre xenialidade e habilidade é materia de debate do que a psicoloxía ofrece visións relevantes. Para algúns, como o crítico literario, Harold Bloom: "O talento non debe ser orixinal, o xenio, debe selo", así o afirma na súa obra literaria "Xenios".
Developed by StudentB